-
Análise e tratamento audiovisual da situación socioeconómica do pobo de As Pontes, antes e despois dunha revolución industrial, suscitada pola implantación dunha central térmica acompañada dunha mina de carbón a ceo aberto.
Director: Sabela Pernas Soto, Nuria Cast
-
'Carcamáns', do director Marcos Nine, tenta transmitir, coas imaxes e os testimonios dos afectados pola marea negra do Prestige, a épica e o valor que os mariñeiros da illa de Arousa demostraron nos tres días cruciales da crisis, aqueles días nos qu
Director: Marcos Nine, 2003
-
Hoxe en día, na costa da Guarda, ao sur de Galicia, pervive a tradición de recoller algas que son arrincadas polo mar embravecido. Documental poético sobre o esforzo titánico das argaceiras, mulleres que se dedican a recollida de oucas (argazo) na vi
Director: Xurxo González, 2006
-
Espectacular viaxe submarina polas augas e fondos das rías galegas coma se se tratase dunha viaxe pola galaxia. A maioría das imaxes deste documental protagonizado por polbos, luras, chocos e outras especies, foron gravadas de noite.
Director: Jorge J. Candán, 2003
-
A biomasa podería proporcionar enerxías sustitutivas aos combustibles fósiles, grazas a biocombustibles líquidos (como o biodiésel ou o bioetanol), gaseosos (gas metano) ou sólidos (leña), pero todo depende de que non se empregue máis biomasa que a produción neta do ecosistema explotado, de que non se incorra noutros consumos de combustibles nos procesos de transformación, e de que a utilidade enerxética sexa a máis oportuna fronte a outros usos posibles.
Director:
-
Ademais do arrequecemento global, o cambio climático implica cambios noutras variables como as choivas globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e todos os demais elementos do sistema atmosférico. A complexidade do problema e as súas múltiples interaccións fan que o único xeito de avaliar estes cambios sexa mediante o uso de modelos computacionales que simulan a física da atmosfera e dos océanos
Director: Ruth Chao e Javier Silva