Resultados de busqueda

informática
  • Guerreiros da rede.

    Guerreiros da rede.

    A familia de protocolos de Internet é un conxunto de protocolos de rede nos que se basea Internet e que permiten a transmisión de datos entre redes de computadoras. En ocasións denomínaselle conxunto de protocolos TCP/IP, en referencia aos dous protocolos máis importantes que a compón: Protocolo de Control de Transmisión (TCP) e Protocolo de Internet (IP), que foron os dous primeiros en definirse, e que son os máis utilizados da familia. Existen tantos protocolos neste conxunto que chegan a ser máis de 100 diferentes, entre eles atópase o popular HTTP (HyperText Transfer Protocol), que é o que se utiliza para acceder ás páxinas web, ademais doutros como o ARP (Address Resolution Protocol) para a resolución de direccións, o FTP (File Transfer Protocol) para transferencia de arquivos, e o SMTP (Simple Mail Transfer Protocol) e o POP (Post Office Protocol) para correo electrónico, TELNET para acceder a equipos remotos, entre outros.
    Tags: Informática 
    Director: Tomas Stephanson
    Duración: 00:12:59